We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

¡PELEA!

by PORNO

/
1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.

about

¡PELEA! é un disco recopilatorio.

As formas das manchas de sangue, as infinitas cores dos moratóns, o ballet de persoas que se atopan facendo movementos que parecían imposibles o segundo anterior. A imaxinación utilizada para facer dano, os fetiches da dor. Na saída do colexio esperábanse o mesmo as parellas para bicarse que os inimigos para baterse. Unha pelea crea un vínculo inolvidable e suave entre os que reparten golpes. Bill Ayers, un terrorista da contracultura americana, dicía que durante a primeira paliza que lle deu a policía se sentiu no paraíso: “Nunca me sentira tan libre (…) Cando tomas a túa elección de vivir por unha causa superior, emociónaste tanto que os golpes non os sintes, aínda que poidan doer”.

Unha pelea pode ser un erro, pero o cobarde é o medo a equivocarse. Vivimos nunha época temerosa da acción e da paixón. ¡PELEA! É o momento de axitarse, de atopar sentido en cortarnos e lambernos as feridas. De poñer o corpo en perigo, esta vez por algo importante.

¡PELEA! é un festival que existirá o 2 e 3 de xaneiro en Ourense con estes artistas e máis.

Máis info e entradas:
www.facebook.com/peleapelea

credits

released January 2, 2015

-------------------------------------------------------------------------------------------
MONSTRUO nunca conseguen o que se propoñen e teñen a potencia caótica de quen dá cabezazos contra a parede.

monstruo.bandcamp.com
-------------------------------------------------------------------------------------------
ARIES fai música con todas as cores que collen na cabeza. Chega máis lonxe que a percepción e dá ganas de cantar cada vez máis alto.

aries.bandcamp.com
-------------------------------------------------------------------------------------------
AVECREM son toda a enerxía do mundo concentrada en sinfonías tropicais de minuto e medio.

discosporno.bandcamp.com/album/avecrem-eibicreimah-ipi
-------------------------------------------------------------------------------------------
DJALMINHA gañoulle ao Real Madrid el só e agora traduciu aquela lambreta en ritmos e riffs.

djalminha.bandcamp.com
-------------------------------------------------------------------------------------------
UZUMAKI son o movemento imparable da época cara adiante chocando co último romanticismo.

discosporno.bandcamp.com/album/split-uzumaki-terremoto-s
-------------------------------------------------------------------------------------------
CUCHILLO DE FUEGO teñen o auténtico poder real e transforman calquera espazo nun gran burato negro no que desaparecer.

cuchillodefuego.bandcamp.com
-------------------------------------------------------------------------------------------
PUMA PUMKU controlan o espazo e o tempo. Cóllente, levántante do chan e ás veces déixanche baixar.

pumapumku.bandcamp.com
-------------------------------------------------------------------------------------------
MATAR GENTE son debuxos do cosmos en capas de son que se superpoñen suavemente.

matargente.bandcamp.com
-------------------------------------------------------------------------------------------

license

all rights reserved

tags

about

PORNO Ourense, Spain

NO DELEGUES EN UN AUTÓMATA. FAINO TI. OURENSE.
info@discosporno.com

contact / help

Contact PORNO

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like PORNO, you may also like: