We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Avecrem / Monstruo Split

by PORNO

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Gallego de Baltimore uououououo y luego y luego y luego y luego lo gallego de Baltimore y luego y luego y luego y luego y luego y luego y luego y luego lo reviento
2.
No eres tú eres tú la que me hace llorar con tu pelar de cebollas
3.
Por favor, por favor Rómpeme la boca de un bofetón Créetelo, créetelo Hay algo que apesta entre los dos Así que por favor, por favor Crúzame la cara de un bofetón La solución, la solución Es construír con los dientes una religión Písalos, písalos Si no dejas huella no tienes razón La revolución, la revolución Es que te exploten los ojos mirando una flor
4.
Hay algo que no encaja Sigue estable Dentro de la gravedad Y él no quiere conocerte Sigue estable Dentro de la gravedad Pégate a mi Con cinta adhesiva Y él se convirtió en norma

about

Tiña catorce anos e estaba a bañarme no Miño cunhas amigas, alá polo 2005. Intercambiabamos politonos por Bluetooth e escoitabamos música nun radiocasete a pilas que se trababa a cada pouco, e entre nós as catro bebiamos da mesma botella de Coca-Cola na que fixeramos unha mezcla de calimocho co viño que mercaramos destrangis no Mercadona. Tiñamos as toallas estendidas nunhas penas planas, agochadas entre as matogueiras xunto á Ponte Vella, porque algunhas do grupo comezaran a fumar e non querían que ningún coñecido as vira e lle fora co conto ós pais. As máis serias sentaban nas rochas comendo pipas e referíanlles ás que se metían n’auga a historia de Florisa a de Chacholandia, á que en dous vraus consecutivos lle morreran dous irmáns maiores afogados no río por andar a facer o parvo e meterse ata o medio, onde pasa a corrente forte. As que se bañaban facían como que pasaban da historia, pero meter non se metían ata máis alá de onde a auga lles chegaba pola barriga, e xogaban a salpicarse e a roubarse as chanclas de plástico. Non se podía esperar máis da adolescencia e dun mes de xullo en Ourense, sen cartos pra ir a ningures. Nesas estabamos cando apareceu un personaxe brillante e polimorfo de entre os árbores que nos separaban da autoestrada, un señor calvo e hiperatlético duns 70 anos, coa pel marrón coiro fritida e chea de protuberancias musculosas, untado en aceite e cunhas gafas de sol de aviador e un Speedo fosforito preméndolle a cousiña como única vestimenta. Tiña os dentes apertados polo sol e porque parecía que lle molestaba pisar na herba seca e o pedregullo mentres non daba chegado ó río, e atravesou o noso campamento base na beira pisando nas nosas toallas. Algunha lle berrou algo, ei señor!, e algunha se riu del chamándolle psicópata e pedófilo, cando en realidade nin nos mirara. Non reaccionaba de ningunha das maneiras: era coma se non estiveramos alí, compartindo a súa realidade oleosa. Púxose a nadar articuladamente, ancheando ben a brazada e sendo perfeccionista coa técnica, un éxito natatorio aquel señor. Ata os bufidos marcaban unha cadencia simétrica e animal, elevándoo así o seu ritual íntimo á categoría de Chamán do Miño, de Galego de Baltimore. Daba ata gusto miralo, o tipo facía as súas series, atendendo numéricamente a algunha proporción áurea, e cando o número lle parecía redondo saía e sentaba nunha pedra, quitaba as gafas de sol e miraba vaidoso no reflexo dos cristais polarizados, e todo a metro e medio de nós, deixándonos moi xenerosamente participar daquel espectáculo como observadoras científicas. E cando se remataba de acicalar coma un paxariño, unha vez peiteaba os catro pelos mollados que lle quedaban polo medio da calva, volvía poñer as gafas e volvía meterse na auga a bracear, sempre paralela e lonxitudinalmente á beira. Debía levar así como vinte minutos, uns catro ou cinco ciclos, cando as dúas que quedaban na auga comezaron a berrar como tolas: Ai dior mío!! Que se está mexando!! Ou que é!!?? Non sei que liquidillo anda a soltar!!! PORCO!!-------- Cando volvín mirar pra el, observei un rastro, unha película que ía deixando tras de si flotando na superficie da auga… ó pobre señor íaselle desprendendo da pel o aceite co que se recubrira inteiro, non sei se por motivos hidratantes ou sensuais, e o charco íase facendo máis e máis grande, o noso Prestige particular. A mancha tiña primeiro cor petróleo, reflectindo todo o espectro e tinguindo a agua de arcos da vella, logo xa tomando unha tonalidade esbrancuxada, pastosa, de Avecrem humano. A sinerxía dos movementos de brazada centrífugos e centrípetos facía que a mancha perseguise e envolvese ó señor, que non sei se por pudor, orgullo ou verdadeiro descoñecemento do fenómeno facía como se non pasase nada, e coas idas e voltas íase remollando na súa propia substancia. Nesta beira do río xa non nos atreviamos a bañarnos e o aire cheiraba a caldo, así que recollimos as toallas e mudamos de posición uns douscentos metros máis ó oeste, onde fai pouco construíran a praia fluvial e onde medio Ourense se poñía a torrar ó sol, onde xa non poderíamos fumar. A vós esta información non vos servirá de nada pero eu moitas veces quedei pensando naquel señor e na súa aura de santidade. Ourense non está orfo, Monstruo e Avecrem mergúllanse na ponzoña desta cidade brazada tras brazada, hostia tras hostia, pulverización tras pulverización. Tomaron o legado do Chamán do Miño.

credits

released December 15, 2014

Todos os temas gravados e mezclados por Bobby Perú.

Deseño: Julia Huete.
Texto: Eba Reiro.

Avecrem son Juanjo e David

Monstruo son Toni, Theo, Xacobe e Cibrán

license

Some rights reserved. Please refer to individual track pages for license info.

tags

about

PORNO Ourense, Spain

NO DELEGUES EN UN AUTÓMATA. FAINO TI. OURENSE.
info@discosporno.com

contact / help

Contact PORNO

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like PORNO, you may also like: